Xa van anos desde aquel mes de xaneiro de 2006 no que botou a andar o xérmolo de Espazo Lectura co Contomar. Culminamos unha tempada na que tocou reinventarse, buscar novas maneiras de seguir facendo o que nos gusta: ler e compartir as lecturas que nos emocionan. Algunhas actividades non foron posibles, pero outras moitas cobraron novas dimensións que non podiamos nin sospeitar.

Estamos preparando xa a tempada que comezaremos en outubro chea de novidades literarias e de novos xeitos de xuntármonos para poñer en común.
Queremos agradecervos as vosas achegas, colaboracións e azos durante estes meses e, sobre todo, o voso compromiso e ilusión depositados neste gran proxecto que é Espazo Lectura. E aquí tedes un vídeo resumo do que pasou. O noso sincero agradecemento á Banda da Loba por prestarnos o seu tema Anagnórise para que nos faga de banda sonora

 

 

Bo verán. Non esquezades visitar as librarías,que teñen unha importancia vital na cadea da lectura.

Vémonos á volta das vacacións!