O mércores 10 de decembro, ás 18:00 horas, continúan as sesións de dinamización lectora da Casa da lectura. Nesta ocasión, a través dos contos, responderemos a pregunta “Podemos voar ou non?”
Comezaremos co conto “Caramba” de Marie-Louise Gay (Editorial Lata de sal), que fala dun gato que, sorprendentemente, non sabe voar… Continuaremos con “A montaña de libros máis alta do mundo”, de Rocío Bonilla (Algar editorial), onde atoparemos a Lucas que estaba convencido de que nacera para voar…
Pero entón, que pasa? Non son os paxaros e os avións os que voan?
O mércores pasado inauguramos a tempada xogando ao xogo da oca dos contos.