Tras a celebración do Entroido, volven as sesións do Contomar á Biblioteca de Gondomar. O luns 23 de febreiro, a partir das 18:00h, leremos as seguintes historias: Velliñas, Amelia quere un can, Adiviña canto te quero e Marmelada de amorodo.
Na sesión do luns 9 de febreiro démoslle a benvida ao Entroido, disfrazámonos e identificámonos cos dous contos que lemos, A princesa Sabela e Tanneke, a princesa das bruxas. Acompañáronnos trinta e seis nenos e nenas con moitas ganas de coñecer novas historias. Estas son as imaxes dese día.