Peche da tempada do Comando Le

Este próximo sábado 20 de maio o Comando Le pecha a súa tempada de actividades cunha excursión que nos levará primeiro a Padrón, para visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro, e posteriormente a Rianxo, onde visitaremos a Casa Museo de Manuel Antonio e o Museo do Mar. Logo de xantar, os comandoleiros e comandoleiras, organizados por equipos, realizarán un xogo de pistas que lles permitirá facer un roteiro polos principais referentes literarios e culturais da vila. Con esta excursión poñemos fin á tempada de actividades ata a volta do verán.

Deixamos a continuación as imaxes da sesión anterior, na que contamos coa presenza de Aldaolado co seu espectáculo “Chulísima”:

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *