O luns 17 de abril o Sete Vidas e o Daquelas que Len inauguran as actividades para adultos da Semana do Libro e a Lectura de Espazo Lectura cunha sesión conxunta. Falaremos de A culpa, a novela gañadora do Premio Xerais 2022, coa súa autora, María Solar.

María Solar

Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda convértese inesperadamente na súa única herdeira. A moza, xunto co seu amante xornalista, Enric, comeza unha investigación sobre a identidade da anciá e descobre a historia vital que uniu de por vida a dúas mulleres poderosas.

Será ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza da autora.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *