O próximo luns 17 de abril, ás 18:00 horas, o Contomar trasládase á Praza Rosalía de Castro de Gondomar para celebrar esta sesión especial por mor da celebración do Día do Libro. Esta actividade está organizada por Espazo Lectura coa financiación do Concello de Gondomar.
Cadernos de cores e cancións é un espectáculo musical de Magín Blanco e Pablo Vidal dirixido ao público infantil e familiar que propón un percorrido pola creación musical e literaria das cancións. Partindo do legado dos trovadores e trovadoras, esta proposta repasa diferentes cancións a través do xogo coas melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.
En caso de chuvia a actuación levarase a cabo no edificio do antigo matadoiro (Gondomar).
Agardámosvos!