O próximo xoves 12 de xaneiro o Sete Vidas inicia o novo ano falando de A vexetariana, da autora surcoreana Han Kang, traducida ao galego por Alba Verea e editada por Rinoceronte.
Yeonghye é unha muller sen apenas voz que decide facerse vexetariana logo de empezar a ter soños violentos. O marido de Yeonghye, o seu cuñado e a súa irmá máis vella contan a historia desta muller dende o seu punto de vista nos tres relatos que compoñen esta novela: “A vexetariana”, “A mancha mongólica” e “As lapas das árbores”.
Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar.