Este luns volveu o Contomar tras as vacacións de Semana Santa. O conto protagonista foi A verdadeira historia de Carapuchiña (Kalandraka), o libro escollido por Ana para celebrar o seu sexto aniversario. Ademais de celebrar o cumprecontos de Ana, contamos outras historias: Eduardo, o neno máis terrible do mundo (Kalandraka), A bufanda de dona Melosa, de Marta Rivera (Everest) e Unha de lobos, de Chus Ferrín (Baía).