O próximo luns 7 de marzo, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.
Na sesión anterior contamos:
– Chin bam bum! (Kalandraka).
– Tomás o bromista (Kalandraka).
– É tempo de entroido e Non pare a festa. É tempo de entroido 2 (Xerais).