“O ganso salvaxe” no Sete Vidas

O próximo xoves 10 de marzo o Sete Vidas reunirase para falar de O ganso salvaxe, do escritor xaponés Mori Ōgai, traducida por Gabriel Álvarez Martínez para Irmás Cartoné.

O ganso salvaxe narra a historia dun amor apenas insinuado entre Otama, unha moza que acepta converterse en concubina dun usureiro empurrada polas circunstancias, e Okada, un estudante de medicina.

Reunirémonos ás 20:00 h na Biblioteca de Gondomar. Contaremos coa presenza do tradutor.

ogai