Este mércores 23 de xaneiro, na Casa da Lectura contaremos contos que nos faran reflexionar sobre a empatía, a convivencia e a tolerancia. A partir do libro «Meu vizinho é um cão», de Planeta Tangerina, iremos afondando nos prexuízos que nos impiden convivir cos demais e aceptar a diversidade. Tentaremos buscar as cousas que nos unen e valorar o que podemos achegar sendo diferentes. Haberá outras lecturas na mesma liña e, na proposta plástica, crearemos un lugar colectivo común onde amosarnos tal e como somos.
Deseguido pódense ver as fotos da sesión da semana pasada: