El Duelo, banda deseñada de febreiro no Lecturas Debuxadas

“El duelo” de Paula Cheshire (Fandogamia) é o cómic escollido para a vindeira sesión do Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura. Terá lugar o vindeiro martes, día 20 de febreiro.

Paula Cheshire, pontevedresa nacida nos anos 90, narra o proceso de dó tras a perda da súa nai, atravesando as diferentes etapas coa fin de aprender a vivir coa dor e coa necesidade de poder transformalo. Os protagonistas son os sentimentos que xorden cando unha persoa que estivera sempre xa non está.

A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, tes a opción de participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.

Na sesión anterior abordamos a lectura de Bajo los guijarros, la playa Planeta Cómic, de Pascal Rabaté, autor que revisitou o noso club de lectura. Resultou ser unha sesión moi interesante na que debatimos sobre a historia e a crdibilidade dos personaxes e a trama. Un pracer, coma sempre.

Agardámoste!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *