Malta e Marqués, dous cans que viven na rúa e pasan moita fame, achéganse ao vertedoiro na procura de algo de comida: mentres Malta remexe no lixo buscando algo de proveito, Marqués fálalle das moitas cousas que podería facer por ela… Esta é a historia de ¿E ti que farías por min?, de Fina Casalderrey (Edicións Xerais), un dos contos protagonistas da sesión deste luns 10 de maio no Contomar. Os nenos e nenas achegaranse tamén ás historias de Ranilda (OQO), A casa máis grande do mundo (Kalandraka) ou Caixa de cartón (OQO). Celebraremos ademais o cumprecontos de Ana, unha das nenas do Contomar que esta semana fixo 7 anos. Será ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Estas son algunhas imaxes do Contomar da semana pasada.