Montados nun tren cargado de libros, os rapaces e rapazas da vila emprenderon unha entretida viaxe por rúas, prazas e parques de Gondomar, acompañados pola música de Cé Orquestra Pantasma. Ao chegar ás estacións en que o tren detiña o seu percurso, estaban agardando contos e cancións para escoitar, cantar e, sobre todo, gozar.