Na última fin de semana de programación do XI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra destacamos dúas citas:
- O sábado 13 de marzo, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra celebrarase unha homenaxe a Agustín Fernández Paz. Durante a duración do Salón está instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral do autor ao longo de dúas décadas e recrea o ambiente dalgunha das súa sobras máis significativas. No acto de homenaxe intervirán o escritor Xabier P. DoCampo e os músicos Mini e Mero.
- O domingo 14 de marzo á 12.00h no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra clausúrase o Salón co concerto A nena e o grilo. Este espectáculo está baseado no libro-CD homonimo de OQO editora, traballo bibliodiscográfico co que o compositor e intérprete ourensán Magín Blanco se atreve a dar o salto ao público infantil. Neste concerto familiar estará Magín Blanco (guitarra, voz) acompañado por Uxía, Guadi Galego, Xoán Curie l(guitarra e voz), Sergio Sales (teclado) e Charo Pita (voz e narración).