O 23 de abril, Día do Libro, de 19.30 a 22.00 horas, na Praza de Abastos de Gondomar, Espazo Lectura, en colaboración co Concello de Gondomar, organiza a segunda edición da sesión de lecturas compartidas en voz alta, Dar de ler coma quen dá de beber. A entrada é libre e cada quen poderá permanecer o tempo que desexe, sen necesidade de seguir o acto na súa totalidade.
Esta vez quixemos quitar os libros e a lectura dos seus ámbitos máis habituais (a biblioteca, a casa, a escola…) e levalos a un lugar público para achegalos así a outros espazos da vida cotiá e facelos máis visibles.
Ese día, o posto do mercado onde se van realizar as lecturas encherase de libros das editoriais socias protectoras de Espazo Lectura: Galaxia, Kalandraka, Oqo e Xerais.