Este próximo sábado 26 de novembro o Lendo contigo e o Comando Le trasladan as súas actividades ao Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia que se celebra en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro. Os nenos e nenas que forman parte do Lendo contigo e os mozos e mozas que asisten habitualmente ás sesións do Comando Le pasarán a tarde do sábado en Pontevedra para visitar a feira e asistir a distintas actividades das que se inclúen na súa ampla programación. Será unha sesión diferente, que lles permitirá a todos os participantes coñecer de primeira man o Culturgal, que este ano celebra o seu 15º aniversario. 

Deixámosvos a continuación as imaxes da sesión de outubro do Comando Le, que celebrou en outubro unha primeira sesión de benvida e presentación para os comandoleiros e comandoleiras:

IMG_5248

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *