IN. é a primeira lectura da tempada do Lecturas Debuxadas

O martes, día 17 de outubro arranca unha nova tempada de lecturas de banda deseñada en Espazo Lectura. Nesta ocasión o cómic escollido é IN. de Will McPhail (Norma Editorial), unha historia sobre o aillamento na vida actual e a imposibilidade de comunicarse. Nick é un ilustrador incapaz de conectar coa xente e sempre ten a sensación de que hai algo profundo nesas persoas que non consegue descubrir por máis que interactúe con elas. Deambula por cafeterías nas que todas as conversas son superficiais ata que aprende a deixar de finxir e comeza a descubrir os mundos interiores das persoas coas que comparte a vida.

Will McPhail , ilustrador e viñetista do New Yorker, presenta co seu característico estilo gráfico unha impresionante opera prima que é emotiva, novedosa e divertida. Unha novela gráfica que ofrece compaixón e esperanza en tempos de aillamento.

A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.

Agardámoste!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *