Este mércores 16 de novembro, a partir das 18:30 horas, a Casa da Lectura adentrarase, con imaxes, música e palabras, n’O souto escuro e perigoso (Xerais, 2011) onde viven un lobo moi moi grande, moi negro e moi perigoso, un oso moi moi grande, moi negro e moi perigoso e un coello moi moi pequeno, moi branco e moi pero que moi pouco perigoso.
Ademais, coñeceremos todos os nosos medos da man do Rato Pequeno, que escribiu O gran libro dos medos (patasdepeixe, 2010). Imos pasar unha tarde de medo!
As seguintes imaxes son da sesión do mércores 9, na cal andamos á procura dun fogar.