O mércores, 30 de novembro, a partir das 18.30 horas, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura falaremos das diferenzas entre as persoas e dos valores que esta diferenza nos proporciona. O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e, a partir da lectura do conto El cassó del Gerard, descubriremos a importancia dos diferentes sentidos (vista, oído, tacto, gusto…).
Se vides á Casa da Lectura este mércores, podedes traer calcetíns gordos, porque imos andar descalzos…
As seguintes imaxes foron tomadas na sesión anterior, do mércores 23 de novembro.