O próximo xoves 18 de abril o Sete Vidas inaugura a Semana do Libro e a Lectura cunha sesión arredor da obra gañadora do Premio Xerais 2023, Ninguén contará a verdade, de Pedro Feijoo.
Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas. Un texto de absoluta actualidade sobre a corrupción política e as súas consecuencias.
Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza do autor.