O sábado 22 de abril, dentro das actividades da Semana do Libro e a Lectura 2023, convidámosvos a unha Noite Golfa con María Lado e Lucía Aldao e o seu espectáculo “Chulísima“: poesía, música, humor e retranca para achegarnos á lingua galega dun xeito diferente.
A sesión terá lugar ás 22:00h no salón de actos do IES Auga da Laxe e, aínda que vai dirixida preferentemente aos rapaces e rapazas do Comando Le, está aberta a todos os socios e socias de Espazo Lectura e ao público en xeral.
A actividade é gratuíta, pero hai que reservar entrada a través do correo de Espazo Lectura: espazolectura@gmail.com
Deixamos a continuación as imaxes da sesión de marzo do Comando Le, na que tivemos un obradoiro de poesía con Anxo Iglesias arredor do seu libro “Unha nova dimensión”: