O 22 de abril, no marco da Semana do Libro e a Lectura, o Lendo Contigo celebra a súa sesión mensual coa lectura do texto teatral O secuestro da bibliotecaria, de Margaret Mahy, adaptado pola compañía Sarabela Teatro.

A historia do rapto desta bibliotecaria de Parangón xerará un misterio sobre o que falaremos no club de lectura o sábado 22 de abril, ás 12.00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. 

Ademais, grazas á Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, poderemos gozar con Sarabela Teatro coa representación da obra o domingo 23 de abril ás 19.00h no Auditorio Lois Tobío.

Vémonos no club e no teatro! 

No mes de marzo celebramos a poesía con Anxo Iglesias e Unha nova dimensión (Xerais). Foi unha sesión moi divertida e chea de poemas, música e aprendizaxe ao redor dos poemas deste marabilloso libro. Deixámosvos a continuación as imaxes desta sesión:

IMG_20230325_141251

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *