O luns 18 de xaneiro continúan as sesións semanais do Contomar, que se celebran na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 18:00h. Nesta ocasión leranse, entre outros, os contos “Unha familia normal” e “A bruxa discordia”.
O luns pasado estreamos novo ano con arredor de 30 nenos e nenas que se achegaron a escoitar contos na biblioteca coas súas familias. Estas son as fotos dese día.