Retomamos as sesións de dinamización lectora dos mércores na Casa da Lectura cunha proposta moi doce. Leremos “O carameliño sen cor e sen sabor” e “Gústame o chocolate” e haberá moitas máis sorpresas para os cativos e cativas, e as súas familias, que se acheguen este mércores, día 12 de xaneiro, ata Donas. A actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
Na última sesión do ano 2015, o equipo coordinador da Casa da Lectura preparou unha sesión de Nadal moi especial. Coas landras do conto “Xaime e as landras” plantamos e a árbore de nadal de Espazo Lectura, feita de libros, como non podía ser doutro xeito. Despois lemos “Os petos de Loreto” e coñecimos á propia Loreto en persoa, que nos axudou a decorar a árbore. Como fin de festa, repartimos “laghuchadas” entre os nenos e nenas que ateigaron a Casa da Lectura. Estas son as imaxes dese día.