O Contomar volve á Biblioteca Municipal de Gondomar este luns, 11 de xaneiro, ás 18:00 h. Como todos os anos, dende hai xa unha década, os nenos e nenas que se acheguen á biblioteca poderán desfrutar da lectura de contos narrados polas propias familias. O 2016 estrearémolo con títulos como Eu non fun ou Josefina se resfría.
A última sesión do Contomar do ano 2015 pechámola con tres contos case descoñecidos para os 33 nenos e nenas que se achegaron ata a biblioteca. Mar, Fátima e Nieves leron Malena, a balea, A historia dos bonobos con lentes e O libro dos porcos, respectivamente. Estas son as fotos dese día.