Este mércores, 19 de outubro, a Casa da Lectura acolle unha sesión de dinamización lectora dedicada ao conto A princesa que bocexaba a todas horas. Entre bocexo e bocexo contarase este conto cheo de dozura. Despois, cun pouco de sorte e sete ingredientes adecuados construiremos un sofisticado aparello que vai ser moi importante para as nosas vidas, pois nos vai servir para recoñecer o valor da amizade.
Nestas imaxes pódense ver varios momentos da sesión inaugural desta tempada, que tivo lugar o mércores 5 de outubro.