O Comando Le na representación de “As alumnas”, de Paula Carballeira

O sábado 27 de xaneiro ás 20:00h, dentro das distintas actividades que Espazo Lectura organiza, coincidindo co décimo sexto aniversario da constitución da asociación, como parte dos actos de inauguración oficial da renovada Casa da Lectura, as comandoleiras e comandoleiros asistirán á representación teatral de “As alumnas” a cargo de Culturactiva Producións no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. 

A obra de Paula Carballeira, editada por Galaxia, recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. 

Unha vez rematada a representación continuaremos a sesión na Casa da Lectura cunha cea compartida e unha actividade posterior que xirará arredor das vivencias das comandoleiras e comandoleiros na escola.

Deixamos a continuación as imaxes da sesión de decembro do Comando Le, na que, partindo da lectura de As mulleres que cultivaban néboas, de Bea Gregores, tivemos un obradoiro coa psicóloga sanitaria, sexóloga e especialista en violencias contra as mulleres, Hadriana Ordóñez Otero:

IMG-20231217-WA0002

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *