O Contomar inaugura unha nova tempada de Espazo Lectura

O luns 3 de outubro ás 18:00 horas volve á Biblioteca Municipal de Gondomar o Contomar, as sesións de contacontos organizadas por Espazo Lectura e destinadas a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias. Co Contomar inaugúrase unha nova tempada da asociación, que manterá a súa oferta de actividades de promoción da lectura para todas os treitos de idade.

Nos vindeiros días adiantaremos a programación completa do mes de outubro.