“Reta3, Móvete pola diabete” é a unha iniciativa da Asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia (Anedia) para recadar fondos destinados á formación de monitores deportivos e de tempo libre na atención a menores con diabete.
Trátase de afrontar varios retos deportivos, o primeiro dos cales, unha marcha ciclista encabezada polo deportista Daniel Fernández Cerzón e todas as persoas que queiran unirse ao pelotón, parte do Concello de Gondomar o sábado 16 de xullo, con destino a Santiago e regreso a Gondomar.
No seguinte enlace pódese ver toda a información. O programa inclúe unha sesión de contacontos da man de Raquel Queizás que terá lugar o sábado 16 ás 19:30 horas na Praza Ángel Urzaiz, Gondomar.