O club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a sesión do mes de xaneiro con Neko, de Eva Mejuto (Oqueleo), que nos acompañará nesta actividade. Desde a ollada de Xoana, unha nena que sempre vai acompañada do seu can, a historia trata sobre as consecuencias da violencia de xénero.
Será o sábado 28 de xaneiro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Agardámosvos!
Deixámosvos as imaxes da sesión do mes de decembro, na que a obra proposta foi O destino de Kameko, de Abel Alves e Jorge Campos (Aira Editorial).