O próximo martes 12 de marzo o Lecturas Debuxadas e o Sete Vidas reuniranse en sesión conxunta para falar da novela O paso do Noroeste, de Xavier Queipo (Sotelo Blanco, Aira Editorial), e da súa adaptación a banda deseñada, do debuxante Primitivo Marcos, editada por Galaxia.
No século XVIII un buque francés ao mando do capitán Duchesnoy inicia unha épica travesía na procura do mítico paso do Noroeste, a ruta entre o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico. Un relato pleno de aventura, emocións, descubertas e coñecemento.
Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza dos autores.