Este xoves 23 de maio, ás sete e media da tarde, a plataforma editorial Bailarete presentará na libraría Andel de Vigo (Rúa Pintor Lugrís, 10) o seu primeiro libro titulado Alborada.
Irene Silva Xiráldez, socia e voluntaria de Espazo Lectura, ilustra o poema homónimo de Rosalía de Castro que se transforma nun conto, nun poema ou nunha canción.
Alborada insírese dentro da colección Alalá (poesía para contar, recitar e cantar), coa que Bailarete pretende achegar a nosa poesía aos máis pequenos da casa.
Na presentación participará a ilustradora, quen fará xogar cos versos de Rosalía para descubrir todo o que poden contar e quen tamén fará experimentar coa rima e a musicalidade.