Sete Vidas e Lecturas Debuxadas: últimas achegas

A semana pasada celebramos a sesión de marzo do club de lectura Sete Vidas dedicada á novela de Begoña Caamaño Circe ou o pracer azul. Durante a primeira hora, as lectoras e lectores falamos sobre aqueles aspectos da novela que máis nos chamaron a atención: como a interesante decontrución do mito de Ulises e Penélope dende unha perspectiva feminista ou o coidado labor estilístico e léxico da obra. Despois tivemos a oportunidade de compartir as nosas impresións coa propia autora, Begoña Caamaño, quen nos contou, entre moitas outras cousas interesantes, como concibiu a historia e por que decidiu volver a un mito clásico. Velaquí algunhas imaxes.


Estoutras imaxes recollen varios momentos da sesión de febreiro do club Lecturas Debuxadas dedicada á lectura do cómic Os cinco narradores de Bagdad.