Onte celebramos a segunda sesión do Club de lectura Sete Vidas, que xirou en torno á lectura do libro Vidas post-it, de Iolanda Zúñiga. Durante a sesión, coordinada por Anxo Iglesias, os participantes falaron animadamente e debateron aqueles aspectos do libro que máis lles chamaron a atención. Trala lectura dos relatos de Iolanda Zúñiga, os participantes concordaron en que se trataba dun libro “diferente”, “fresco”, que respiraba tango, que sabía aproveitar a cotianidade da vida para plasmala de xeito soprendente nunha páxinas que ispen a contradicción da sociedade contemporánea, que desenmascaran a rutina, desde o humor e a tenrura, aínda que con rotundidade.
A próxima sesión do Club de lectura Sete Vidas terá lugar o martes 13 de xaneiro (aprázase unha semana debido ao festivo) e o coordinador da sesión será Bieito Legaspi, que propuxo como lectura o libro As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello, publicado pola editorial Galaxia.