O vindeiro sábado 16 de novembro o Daquelas reunirase para falar da obra Tríptico do Silencio. Á intemperie (ed. La oveja roja) da escritora, activista e divulgadora Brigitte Vasallo.
É unha obra hetereoxénea formada por tres libros escritos nas súas tres linguas “maternas”: galego, catalán e castelán, onde se nos ofrecen tres versións non moi diferentes que tratan de explicar, axudándose do mito grego de Ariadna e o Minotauro, ese Lugar común, sen nome, ao que pertencen os fillos da diáspora, uns mutantes que comparten historia, sufrimento, vivencias…, con independencia da súa orixe e mesmo do tempo que lles tocou vivir..
Será ás 12:00h. na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza da autora por videochamada.