Durante a tarde de hoxe, Espazo Lectura informou en tempo real acerca do desenvolvemento das xornadas “Lendo en familia”. A través de case 40 microposts, demos conta de moitas das afirmacións importantes dos convidados. Con todo, a baixa intensidade do sinal da conexión á rede do Centro Neural de Gondomar e o colapso de Twitter (Twitter is over capacity) fixeron difícil o microblogueo, que puido ser máis dinámico. En calquera caso, mañá, se as condicións técnicas nolo permiten, seguiremos informando durante todo o día. Do acontecido, xa queda testemuño aquí. Léano, por favor. Porque como asegurou Cristina Novoa, “non podemos reducir a lectura á actividade daqueles que len literatura. Hai outro tipo de textos e entender isto é fundamental.”