Visita guiada á Biblioteca de Galicia

O próximo sábado 20 de abril Espazo Lectura organiza unha visita guiada polo escritor Pedro Feijoo á Biblioteca de Galicia. Reunirémonos na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, ás 11:00 horas. A visita comezará ás 11:30 horas e ten unha duración aproximada de entre 60-75 minutos. 

A actividade precisa inscrición previa pois a capacidade da actividade é limitada. A actividade será de balde e aberta a todas as persoas que queiran asistir.

Criterios de inscrición:

– Terán prioridade os/as socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes do 15 de marzo a espazolectura@gmail.com e facilitar:

  • Nome e apelidos e indicar se es socio/a de Espazo Lectura.
  • Un teléfono de contacto (para avisar no caso de quedar en lista de espera).

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición.

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *