Este mércores na Casa da Lectura coa coñeceremos unha tribu de Suricatos que vive no deserto do Kalahari. Viaxaremos con eles por medio mundo e descubriremos moitos xeitos de vida. Dende os diferentes recantos do mundo, enviaremos tarxetas postais. A actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo de libros.
A semana pasada escorregamos os nosos medos: despois de contruír un comememos persoal que nos acompañase durante a sesión, apagamos as luces e escoitamos dous contos estarrecedores, sen pasar medo ningún! Estas son as imaxes: