Volve o empréstito de libros á Casa da Lectura

O vindeiro mércores 6 de marzo volve o empréstito de libros á Casa da Lectura para todas aquelas persoas interesadas.
O servizo de empréstito realizarase todos os mércores de 17:00 h a 18:30 h, de marzo a xuño, a excepción dos períodos de vacacións escolares.
Podedes consultar o catálogo de fondos bibliográficos premendo aquí

Días: todos os mércores (exceptuando os períodos de vacacións escolares) de marzo a xuño.
Horario: 17:00 h a 18:30 h.
Ubicación: Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, 36388, Gondomar) 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *