O mércores 24 de abril, dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura, a Casa da Lectura acolleu unha sesión de dinamización lectora especial da man da contadora e ilustradora Marisa Irimia, que presentou o espectáculo O misterio das cinco portas: unha historia na que se xoga coa linguaxe e na que, con adiviñas e enigmas, os nenos e nenas descubriron a maxia do mundo das palabras.