Este próximo sábado 25 de febreiro, de 20:00h a 22:00h, terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar a sesión mensual do Comando Le.
Nesta ocasión contaremos coa presenza da escritora Andrea Maceiras, que manterá un encontro cos comandoleiros e comandoleiras a partir da lectura da súa novela Que me pare o corazón se te esquezo, unha obra que nos permitirá achegarnos ao tema dos retos virais e a saúde mental.
Deixamos a continuación a ligazón para ver as imaxes da sesión de xaneiro, celebrada no IES Auga da Laxe e dedicada á gravación da curta “A través dunha pantalla”, baseada no texto dos comandoleiros Martín e Uxía que resultou gañador no proxecto europeo G-Book 2 promovido pola Universidade de Vigo: