No Lendo Contigo viaxamos a outros planetas!

O vindeiro sábado o Lendo Contigo reúnese nunha sesión que xirará ao redor da obra de Gianni Rodari titulada Axente X.99. Contos e versos do espazo, editada por Kalandraka. Será unha sesión chea de seres doutros planetas na que poderemos desfrutar dos contos deste grande autor. 

Será o sábado 25 de febreiro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. 

Agardámosvos!

Na sesión do mes de xaneiro o libro proposto foi Neko, de Eva Mejuto, editado por Oqueleo. Foi unha mañá moi agradable, na que recibimos a visita de Eva e de Neko e da que podedes ver as fotos na seguinte ligazón: 

IMG_20230128_131022

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *