Onte estivo con nós en Lendo Contigo a escritora, contacontos e actriz Paula Carballeira que nos falou do libro Boas noites, da escuridade, dos monstros, dos medos, da noite e dos xogos. Máis de 50 persoas entre nenas, nenos e adultos gozamos coas historias marabillosas de Pedro Chosco, a Muller do Saco e Xiana, a nena que non tiña tempo para xogar.
Paula regalounos para rematar un fermoso conto turco dun Home do Saco namorado dunha bela dama.
Paula regalounos para rematar un fermoso conto turco dun Home do Saco namorado dunha bela dama.
E esta noite, moitos e moitas de nós, á hora de durmir, remexéndonos entre as sabas, cantaruxaremos como Xiana:
Mentres dormes
Pola noite
Vai andando o Pedro Chosco
Coas súas armas mata-medos
Co seu saco cheo de soños
¡Grazas Paula!
Deixade os vosos comentarios sobre que vos pareceu o libro Boas noites ou a sesión de onte do club de lecturas compartidas Lendo Contigo.
Grazas, Paula
Ola, son Xiana, lin o libro “Boas Noites” e gustoume moito,a protagonista chámase coma min.Tamén estiven no clube de lectura,con Paula Carballeira, a autora do libro.Paseino moi ben, e o que máis me gustou foi cando Paula contou un conto sobre o Pedro Chosco de Turquía, era moi gracioso.
Xiana
Son Alma.Estiven no club de lectura con Paula Carballeira e paseino moi ben. O libro titulábase “Boas noites” e falaba dunha nena que tiña que ir a moitas actividades e non podía xogar.
Na sesión con Paula,a autora do libro,o que máis me gustou foi o susto que lle demos os nenos e nenas a Pedro Chosco.
Alma
Ola, son Anxo e o libro de Boas Noites pareceume moi bonito. Onte estivemos con Paula no club de lectura e contounos moitas cousas como que ela lle tiña medo á soidade.
Anxo.
Ola, son Néstor. Gustoume moito o que nos contou Paula: A historia do Pedro Chosco de Turquia,os xestos que facia ó contar a historia e tamén como respondeu as preguntas que lle fixen sobre as suas obras de teatro e sobre o libro “Boas Noites”. Pareceume moi simpatica.