O sábado 9 de marzo, na Casa da Lectura, Espazo Lectura celebrará dúas Asembleas Xerais Ordinarias e unha Asemblea Xeral Extraordinaria na que se elixirá unha nova Xunta Directiva.
Espazo Lectura anima a todos os socios e socias a participar.
Por encomenda da Presidenta de Espazo Lectura convócanse:
A Asemblea Xeral Ordinaria (I), ás 11:00 horas, en primeira convocatoria, e 11:30 horas, en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Lectura e, se procede, aprobación da acta anterior.
2.- Ratificación, se procede, de baixas e altas de socios e socias.
3.- Memoria de actividades do ano 2023.
4.- Memoria económica do ano 2023.
5.- Varios.
6.- Rogos e preguntas.
A Asemblea Xeral Extraordinaria, ás 12:45, en primeira convocatoria, e 13:15 horas, en segunda convocatoria, cun único punto:
1.- Elección da nova Xunta Directiva de Espazo Lectura.
Tal e como está establecido no artigo 14.3 dos estatutos, o prazo de presentación de candidaturas á Xunta Directiva remata 24 horas antes da celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para este fin.
A Asemblea Xeral Ordinaria (II), ás 13:00 horas, en primeira convocatoria, e 13:30 horas, en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Proposta de actividades e de orzamento para o ano 2024.
2.- Varios.
3.- Rogos e preguntas.
Prégase a asistencia de todos e todas os socios e socias.