SESIÓN DE CINE NO COMANDO LE DE FEBREIRO

O vindeiro sábado 24 de febreiro o Comando Le, grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para rapaces e rapazas de máis de 12 anos, celebrará unha nova sesión arredor do cine e o guión cinematográfico. Asistirá a guionista gondomareña Araceli Gonda e Jorge Coira tamén guionista e director de cine. Traballaron xuntos en series como Padre Casares, Hierro ou El comisario e a súa última longametraxe é Me he hecho viral. Jorge Coira é o gañador dun Goya á mellor montaxe.

Deixámosvos abaixo as fotos da sesión do 27 de xaneiro na que vinte e dúas comandoleir@s asistiron á representación teatral da obra As Alumnas, de Paula Carballeira no auditorio do Concello e, a continuación, subimos á Casa da Lectura, ceamos, e, posto que a noite comezara con dúas alumnas falando da escola que viviran, sentamos nun grande círculo para facermos unha análise da escola do presente.

Comando Le 27/01/2024

Vémonos o sábado na Casa da Lectura!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *