Orellas e lentellas na sesión de febreiro do Lendo Contigo

O sábado 24 de febreiro celebramos unha nova sesión do Lendo Contigo. A lectura escollida neste mes de Entroido é A botella de lentellas, de Leticia Barbadillo, Premio Merlín de Literatura Infantil do ano 2023.

Manuel bota en falta as orellas que lle facía a avoa e decide preparar unhas poucas, empregando a súa botella chea de lentellas para estiralas. Pero… a botella acaba no chan, e entre elas descobre unha chea de sorprendentes historias protagonizadas por este legume. 

Agardámosvos o 24 de febreiro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza da autora. 

Animádevos a participar!

Na sesión de xaneiro disfrutamos moito do cine con Iria Misa e Unha veciña de película. Podedes ver as imaxes da sesión aquí: 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *