Banda deseñada para despedir o ano no Lendo Contigo

O club de lectura compartida Lendo Contigo celebra este sábado a súa sesión mensual coa obra O caderno de rama, de Anxel con X (Xerais).

Nesta historia na que a guerra está moi presente, un rapaz descobre que as únicas pertenzas que lle quedan (un caderno e uns lapis) teñen poderes máxicos: todo o que debuxa no caderno vólvese realidade.

A sesión será o sábado 16 de decembro, ás 17:00h da tarde, na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), e contaremos coa presenza do autor. 

Agardámosvos! 

No mes de novembro tivemos unha sesión chea de retos con O Rei Cuu, de Adam Stower (Sushi Books). Podedes ver as imaxes nesta ligazón: 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *