O Contomar pecha o ano este luns 18 de decembro cunha sesión especial de contacontos a cargo de Charo Pita. Será ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Na sesión anterior contamos:
– A montaña máis alta do mundo (Algar).
– Un, dous, tres, Nadal é (Kalandraka).
– O nadal de Ernesto e Celestina (Kalandraka).
– Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis (Kalandraka).
– Un canguro polo nadal (Lata de sal).
Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: