“Bos días, boas noites”, un conto sensorial sobre rutinas diarias

O próximo venres 16 de decembro ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, poderemos desfrutar dunha nova sesión de Contos en Cueiros. Nesta ocasión acompañaremos aos máis pequenos con un conto sensorial sobre as rutinas diarias, “Bos días, boas noites”. Esta actividade vai dirixida aos nenos e nenas de 0 a 3 anos.

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde.

Criterios de inscrición:

Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 23 de novembro a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2019 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. 

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *